Wednesday 15 de May de 2024

O concello anuncia a gratuidade do aparcadoiro do materno oncolóxico durante o estado de alarma


 

O anuncio da medida por parte do Goberno local vén acompañado da desactivación das videocámaras que sancionan aos condutores e condutoras por estacionar en dobre fila no termo municipal

O Goberno local anuncia que debido á situación
de estado de alarma declarada polo Goberno do Estado indicaráselle á empresa
concesionaria do aparcadoiro do materno oncolóxico que habilite o servizo de balde
para o persoal sanitario e usuarios do centro. Esta decisión enmárcase nun contexto
de medidas que o concello está a tomar para garantir os servizos esenciais e
facilitar o traballo dos profesionais do ámbito da saúde.
Por outra banda, o Executivo local tamén comunica que desde hoxe se desactivan
as videocámaras que sancionan ás persoas condutoras que estacionen os seus
vehículos en dobre fila. Deste xeito, as persoas propietarias de vehículos que teñan
unha necesidade de carácter urxente (deixar a unha persoa maior, recoller a unha
persoa enferma…) poderán estacionar o seu vehículo en dobre fila durante un
período de tempo curto, para realizar esta actividade. Esta medida súmase á xa
anunciada da suspensión da zona ORA na cidade.